Wednesday 24 de April de 2024

Oleiros perdeu o financiamento da Fundacion Biodiversidade onde tiña un encaixe perfecto o proxecto da senda Fluvial do Río de San Pedro.


As axudas para actuacións en ecosistemas fluviais xestiónaas o estado a través da Fundación Biodiversidade, non as Comunidades Autónomas e o proxecto de senda fluvial do Río San Pedro obtivese, nesta liña de subvencións, o financiamento necesario para a súa acometida.

“A actuación reúne todos os requisitos, era perfecta, pero estamos seguros de que Gelo non a solicitou”.
O prazo de presentación de solicitudes terminou o 16 de Marzo e as bases para concorrer ao mesmo publicáronse en setembro pasado.
“O concello dispuxo de tempo máis que suficiente para preparar a documentación necesaria e que o Rego de San Pedro fose un proxecto beneficiario desta liña de axudas”.
“Agora, o Alcalde revolve e manobra pretendendo o seu encaixe nos orzamentos da Xunta cando sabe que os fondos que apostan por actuacións sostibles, dentro da apartado conservación e restauración de ecosistemas e da súa biodiversidade, é a partida de fondos Next Generation, que se reservou Ministerio de Transición Ecolóxica”.

Para o Partido Popular de Oleiros esta clara mostra de incompetencia súmase ás lamentablemente moi frecuentes dun Goberno Municipal con nula capacidade de xestión dos recursos propios e alleos.